visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

jueves 12 de noviembre de 2009

EN BREVE DARAN COMENZO AS OBRAS DO FUTURO CENTRO DE DÍA

La voz de Galicia

Este semana está previsto que comecen en Corcubión as obras de recuperación dos dous edificios da rúa Antonio Porrúa que albergarán o centro de día municipal.
A actuación é tan só unha primeira fase dun proxecto que non poderá ser rematado cun único investimento. Explica o alcalde, Francisco Javier Lema, que os fondos que se empregarán ascenden a preto de 55.000 euros para as primeiras actuacións, diñeiro que se usará, sobre todo, en arranxar as cubertas dos dous edificios.
Nos próximos meses volverase a actuar de novo nos inmobles, xa que, explica o rexedor, o Concello decidiu destinar a esa obra unha parte substancial do próximo Plan E.
O plan estatal destinará a Corcubión unha suma próxima aos 190.000 euros. O alcalde explica que aínda non especificaron a cantidade que se empregará no centro de día, pero podería roldar os 100.000 euros.
Con todo, a cifra é insuficiente para rematar a obra. Os dous inmobles están moi deteriorados tras anos de abandono e necesitan un gran investimento para poder ofrecer un servizo. En total, explica o alcalde, farían falta 380.000 euros para completar a obra.
Co plan estatal para o emprego mellorarase a estrutura e probablemente instálese un ascensor, pero fará falta conseguir máis axudas para rematar a obra.
Por outra banda, esta tarde está previsto que se aproben as obras do POS no pleno ordinario que se celebrará na localidade. O Concello conta con preto de 70.000 euros provenientes da Deputación, dos que preto de 40.000 euros irán para reparar a cuberta da capela do Pilar , dedicándose o resto a gasto

ROLDA DE PRENSA DE JORQUERA MAÑÁ EN CORCUBIÓN PARA PRESENTAR A INICIATIVA DO BNG NO CONGRESO SOBRE O PROXECTO DE PRAIA ARTIFICIAL

Madrid, 12 Novembro 09. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, ofrecerá mañá venres, día 13 de novembro, unha rolda de prensa no Centro Cultural “Casino” de Corcubión ás 11.00 horas para explicar a iniciativa rexistrada polo BNG no Congreso sobre o proxecto de praia artificial na vila de Corcubión.



DÍA: venres, 13 de novembro


HORA: 11.00 horas


LUGAR: Centro Cultural “Casino”. Corcubión.


FALARÁ: Francisco Jorquera


TEMA: praia artificial en Corcubión.

miércoles 11 de noviembre de 2009

OS SINDICATOS APOIAN AO COLECTIVO EN DEFENSA DA RÍA

Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría

A pasada semana, membros do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión mantiveron unha reunión cos 3 delegados sindicais do sector marítimo. Os representantes de CCOO, UGT e CIG manifestaron o seu apoio na loita contra a construción da praia artificial no malecón de Corcubión, e aseguraron que loitarán ata as últimas consecuencias por manter os postos de traballo das mariscadoras e dos mergulladores.

A frase "Non estamos en tempos de perder postos de traballo" resume o sentir dos sindicatos. Así llo fixeron sentir aos membros do Colectivo, entre os que se atopaban varios representantes dos mergulladores e das mariscadoras de Corcubión, grandes afectados do proxecto.

Cabe lembrar que o o colectivo de mariscadoras é dos máis numerosos da Costa. E conta ademais coa posibilidade de aumentar o número de postos de traballo se se produxese o saneamento que tanto reclama o Colectivo.

Nese sentido o Colectivo mantén a súa postura de, se definitivamente non se leva a cabo o proxecto da praia, conseguir que o investimento de 1.200.000€ non marche da ría, e se empregue no saneamento integral da mesma.


Máis información en http://nonapraia.tk

sábado 31 de octubre de 2009

A FISCALIA DE MEDIO AMBIENTE ESTUDIA CON LUPA A CONTAMINACIÓN DA RÍA

La voz de Galicia

O fiscal delegado de Medio Ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz, pedirá oficialmente a Augas de Galicia o informe no que se detallan os puntos de vertedura ás rías galegas -máis de 2.000, 400 deles graves- para utilizalo na investigación que sobre este asunto emprendeu a Fiscalía, unhas pescudas nas que se acharon indicios de responsabilidade nalgúns concellos. No entanto, admite que non houbo que esperar a este estudo para ser conscientes do alcance da contaminación nos estuarios galegos. «Hai queixas e denuncias por todas partes. Fai dous anos, as confrarías de pescadores encargaron un estudo moi interesante sobre verteduras, especialmente fecais, nas rías galegas, do que extraemos algúns datos e iniciamos algunhas investigacións. A partir dese estudo a Fiscalía centrouse en dous exemplos crave, que son as rías do Burgo e Corcubión para determinar se podía haber algún ilícito penal. A ría de Pontevedra e a de Vigo tamén estarían nesta situación».

-¿Periga o patrimonio ambiental máis rico de Galicia?

-Estamos ante un problema moi grave, por iso é bo que a Administración faga unha sondaxe sistemática para coñecer o seu alcance. Calquera incidencia no medio ambiente é grave, pero o é especialmente se se trata das rías galegas, pois hai moita xente que vive delas. Por iso hai que ser dobremente sensibles, desde o punto de vista ambiental e desde o económico.

-A maioría das verteduras xorden da rede de saneamento. é incrible que as instalacións que deberían solucionar o problema agráveno.

-é incrible, pero non unha sorpresa. Todos os estudos anteriores incidían no problema da contaminación por fecais como o máis relevante. Pero creo que o problema ambiental grave que ten Galicia é a ordenación do territorio. Ordenar o territorio significa ter moi claro onde se constrúe, onde se pon cada un dos elementos necesarios para o desenvolvemento. Galicia, por problemas que non son novos, como as formas de asentamento e a dispersión dos núcleos, favoreceu un modelo que explica esta cantidade de verteduras.

-Pero parece que este ordenamento desordenado aínda é alentado desde as Administracións.

-Foi favorecido polo desenvolvismo dos últimos anos, que non só non corrixiu a dispersión, senón que a aumentou. Por iso é polo que sexa moi difícil controlar centos de verteduras. é xa difícil controlar un...

-Isto coloca aos municipios no centro da responsabilidade.

-Hai que analizar caso a caso se se trata de elementos estruturais nos sistemas de depuración, se estes son apropiados... non sempre é unha deficiencia puntual. Hai que analizar o caso concreto de cada municipio, quen tiña a responsabilidade e por que non se asumiu. Non hai por que ir polo penal, depende da gravidade.

-¿Irán pola vía penal contra algún concello?

-Non decidimos formalmente actuar pola vía penal contra ningún concello aínda, aínda que hai indicios de responsabilidade de concellos nas verteduras ás rías. Isto non significa que se decida algún tipo de imputación penal.

-¿Podería detallar cales son eses concellos?

-Estamos examinando con lupa o caso da ría do Burgo, cos concellos que todos coñecemos, e o da ría de Corcubión. Aínda non chegamos a ningunha conclusión nin hai ningunha imputación, pero o estamos estudando.

-Pode resultar excesivo que os concellos, cos seus problemas de financiamento, sexan tamén culpables disto.

-Haberá que ter todo en conta, pero tamén o marco legal e a directiva comunitaria de augas. Tampouco hai que criminalizar aos concellos. Unha cousa é que sexan responsables das verteduras e outra que sexan responsables penalmente.

-Tamén son graves as verteduras nos ríos.

-Non só iso. En Galicia tamén hai un grave problema co traslado da contaminación aos acuíferos e a súa posterior dispersión.

-ás veces a orixe da vertedura está nas propias depuradoras. é o mundo ao revés.

-é así. Hai que analizar como se construíu esa depuradora, se houbo algún fallo
técnico e se ese fallo é imputable a título de imprudencia. Tamén hai que analizar se a inexistencia de depuradora é suxeito de imputación.

-¿Hai outras vías á parte da penal para actuar?

-Estamos explorando a vía da responsabilidade ambiental, un procedemento puramente administrativo para esixir á Administración que actúe ante un incidente ambiental.

viernes 30 de octubre de 2009

O ALCALDE PARALIZA O COMEDOR ESCOLAR GRATUÍTO, O CENTRO DE DÍA E A CAPELA DO PILAR

Nota de prensa do BNG

O BNG presentará unha iniciativa para que se inclúan nos plans de 2010 diante do incumprimento de Lema nos orzamentos municipais


O portavoz municipal do BNG, Oscar Insua, manifestou hoxe “o desencanto de moitos veciños e veciñas de Corcubión que agardaban beneficiarse do Comedor Escolar Gratuíto, da construción do Centro de Día para persoas maiores e da rehabilitación da Capela do Pilar, diante do incumprimento dos compromisos adoptados entre o alcalde Lema e o BNG, que facilitou no mes de xuño a aprobación dos orzamentos municipais deste ano”.


Consecuentemente, o BNG, presentará unha iniciativa diante do goberno local do Psoe para que estes compromisos se cumpran e recollan no plan provincial de obras e no plan para o emprego e a sostibilidade local que promove o goberno central para 2010.


O BNG, indica que “con respecto ao compromiso de ampliar o número de escolares que se benefician do Comedor Escolar, a neglixente xestión do alcalde, levada a cabo sen contar co BNG, produciu que tan só 7 escolares se beneficiasen dunha axuda a maiores, mentres que son 30 os que quedan sen ela”.


Finalmente, Oscar Insua, declarou que “hai moita xente disgustada con este proceder do alcalde que non entende como se pode incumprir unha palabra despois que o BNG lle facilitase a aprobación dos orzamentos municipais de 2009”.

jueves 29 de octubre de 2009

SEMPRE FOMOS MEDIO BARBAROS

Quepasanacosta.com

Ata o día de hoxe non se atoparon vestixios de campamentos normandos ou viquingos en ningún lugar da península, malia que a súa presencia ao longo de todo o litoral está máis que probada. Que faríamos na Costa se se atopase un deses campamentos?

Nas inmediacións do Cabo C, Cabo Cee, ou Cabo Cé, como aparece nalgunha carta náutica do século XVIII, podemos atopar unha elevación do terreo de forma circular, que ben podería ser un destes campamentos. Trataríase dun achádego de enorme importancia.

Así o apuntan un investigador da bisbarra e un catedrático da USC, que xa pasaron pola zona. Malia non encontrar probas finalistas, si apuntan que hai "evidencias suficientes para crelo. Atoparon tamén, entre profunda matogueira, unha peza cerámica que está a ser estudiada e que pode dar pistas.

A situación do enclave é privilexiada para un campamento, cunha visión ampla de todo o sur da ría de Corcubión. A forma circular da elevación, como vemos na imaxe, extraída do Catálogo GIS de Corcubión, era a forma típica destes campamentos, que contaban cun alto muro de pedra. No seu interior os solares formaríannos chozas de madeira. Entre as posibles cousas que se poden atopar, son destacables as grandes pedras escritas polas dúas caras. Sobre estas, os historiadores sinalan que os normandos escribían a base de raias, que en función da cantidade significarían unhas cousas ou outras.
Leer máis

120.000 EUROS EN WIFI DE BAIXA VELOCIDADE

La voz de Galicia

Los fondos del Plan E se repartieron entre los distintos municipios atendiendo a criterios de población. Con ese método, los poco más de 1.800 habitantes de Corcubión significaron un pellizco escaso en comparación con la mayoría de los ayuntamientos de la comarca.
A las arcas corcubionesas llegaron 333.000 euros, una cantidad que el gobierno local decidió invertir, en su mayor parte, en nuevas tecnologías. Cerca de 100.000 euros fue la factura que una empresa especializada en nuevas tecnologías pasó al Ayuntamiento por la instalación de una veintena de antenas y repetidores de señal por todo el casco urbano y por la puesta en marcha de un sistema para llevar la Red, por wifi, a todo el municipio.
La obra se terminó hace poco más de un mes. Desde entonces Corcubión es un ayuntamiento con cobertura de Internet, eso sí, a muy baja velocidad. Cuatro ADSL domésticos son los que suministran el ancho de banda para todos los vecinos. En los momentos de mayor uso de la Red resulta tedioso abrir una página web con ese sistema. No es una alternativa al ADSL de las empresas de telefonía, pero al menos quien desee, en la calle, enchufarse a Internet, puede hacerlo si dispone de algo de tiempo.
Fue la principal inversión del FEIL, pero no la única. Cerca de 90.000 euros se dedicaron a mejorar la estética de varias zonas verdes del casco urbano. El entorno de la iglesia de San Marcos se vio reformado, también las jardineras de la plaza de San Marcos, las de Agra da Ribeira y las situadas frente al Ayuntamiento, una zona que necesitaba una siega.
Asfaltado y hormigonado
A esa operación cosmética se sumó una tercera inversión en seguridad en aceras y paseo marítimo, es decir, en adquisición e instalación de barandilla. Costaron cerca de 70.000 euros y se instalaron en la zona de Quenxe, en algún tramo del paseo marítimo y en la avenida Rosalía de Castro.
Además, explica el alcalde, Francisco Javier Lema, se destinaron otros 40.000 euros a asfaltado y hormigonado de varias vías, una de ellas, la de la subida al cuartel de la Guardia Civil, en asfalto, la otra, en hormigón, en la salida de Corcubión hacia Quenxe.
El regidor asegura que las obras puestas en marcha eran necesarias. Sin fondos municipales para arreglar los jardines, había que sacar dinero de algún lado, cuenta Lema, para adecentar las zonas verdes en un municipio turístico. Y lo mismo con las barandillas y los accesos. «Ojalá pudiéramos arreglar más», dice el regidor.
En cuanto al wifi, el alcalde considera que se trata de una buena iniciativa para Corcubión y que todavía está en fase de pruebas y es susceptible de mejoras.
Sí lamenta el regidor que los fondos no se pudieran dedicar a más cosas. Cuenta que no hubo tiempo para presentar otros proyectos y que, en todo caso, las bases no permitían dedicarlos a compras de terrenos -para un posible cementerio, por ejemplo- y que fue imposible destinarlos al centro de día porque por entonces la fundación que rige el edificio en el que se va a hacer no tenía la documentación al día.
Desde la oposición ven las cosas de otra manera. El vocal del BNG, Oscar Insua, recuerda que las obras «decidiunas o alcalde unilateralmente» y lo acusa de no destinar los fondos a crear empleos -el alcalde asegura que al menos no se destruyeron puestos de trabajo, otro de los objetivos del plan-, también cree que se hicieron obras innecesarias, como el wifi, que no creó ningún empleo y que ofrece una conexión de mala calidad. «Foi un despilfarro», dice Insua, quien lamenta especialmente que no se hubiesen creado más puestos de trabajo.
Por su parte, la vocal del PP, Gema Freire, se suma a las críticas por la escasa creación de empleo y considera además de la wifi «será una sangría para Corcubión» por los gastos de mantenimiento. Cree, además, que con los recursos municipales en cuanto la red inalámbrica se estropee resultará imposible pagar una reparación. «No teníamos ni para pipas y fuimos a comprar melones», dice.
El FEIL estuvo en la localidad detrás de uno de los últimos grandes enfrentamientos entre gobierno local y oposición. BNG y PP reprocharon al regidor que no contase con sus opiniones para decidir las inversiones y que no las llevara para su debate a pleno. Se aprobaron en xunta de goberno local. Días después de esa aprobación la oposición, con mayoría, retiró las competencias a ese órgano para evitar que otras actuaciones salieran adelante por el mismo cauce.

miércoles 28 de octubre de 2009

O BNG LEVA O PROXECTO DE REXENERACIÓN DA PRAIA A BRUSELAS.

Nota de prensa do BNG

Ana Miranda e os concelleiros corcubioneses reunironse coa plataforma e cos colectivos de mariscadores e mergulladores para escoitar as súas demandas.

O BNG de Corcubión, como xa anunciara hai unhas semanas, vai denunciar ante a comisión europea o proxecto de rexeneración da praia de Corcubión, por incumplimento de varias directivas comunitarias, como a de políticas de augas, as de calidade de augas de baño, así como as que se referin a avaliación do impacto mediambiental, entre outras. Esta colgarase na páxina web do BNG de Corcubión http://www.bng-galiza.org/corcubion.

Ana Miranda acercouse ata Corcubión, para comprobar “in situ” a problemática creada con este proxecto, e xunto cos concelleiros nacionalistas da vila, reuniuse con representates da plataforma en contra da praia, coa directiva da asociación de mariscadoras, e co presidente da asociación de mergulladores da comarca de Fisterra. Nesa reunión, os colectivos trasladáronlle os seus pareceres, e as demandas do sector, e a representante do BNG en Bruselas comprometeuse a trasladar todas esas peticións á comisión e a cámara Europea.





Na rolda de prensa posterior á reunión, Oscar Insua afirmou que “este proxecto non pode ir adiante, levámolo ao Hórreo, a Bruselas, e logo tocaralle ir a Madrid, a través dos nosos deputados Francisco Jorquera e Olaia Fernández. Asi mesmo cre que “o alcalde non quere referendum, porque non quere escoitar ao pobo, está obcecado” e xa por último indicou que “o BNG pediu que se informara aos veciños ¿onde está esa información? Nós non estamos disposto a tolerar carteles propagandisticos, con fotos estilo Marina D´ors. Queremos informes reales e veraces sobre o impacto ambiental e sobre resultados económicos e sociais”


Por outro lado, Ana Miranda, declarou que ía levar personalmente as denuncias feitas polos colectivos e polo BNG local, e que efectuaría unha pregunta parlamentar, presentandoa este mesmo luns na Comisión de peticións. A representante en Europa da formación nacionalista, declarou que “primeiro hai que sanear a ría, e logo fomentar a actividade marisqueira, pois a riqueza que existe na praia, dá para xenerar moito traballo” e lamentaba “que non se valorara toda este potencial económico” asegurando que intentará “que o parlamento Europeo abra unha investigación, para evitar un desastre ecolóxico, de dificil reparación”.

domingo 25 de octubre de 2009

O COLECTIVO EN DEFENSA DA RÍA CALIFICA DE MOI POSITIVO O DEBATE DE ONTE

Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión


Na tarde do pasado sábado 24 de outubro de 2009, a Casa da Cultura de Corcubión acollía unhas xornadas informativas organizadas polo Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión. As xornadas servían para traer ao debate o "proxecto de rexeneración da praia de Corcubión". A participación foi moi positiva e máis de 80 persoas reflexionaron sobre o proxecto, que era un dos principais obxectivos do Colectivo.

Abríu a charla Xabier Calaza, membro do Colectivo, que presentou punto a punto as razóns polas que o Colectivo está en contra do proxecto. Calaza fixo fincapé no saneamento da ría, algo polo que o Colectivo está a loitar dende a súa formación. O Colectivo tamén mostrou a súa disconformidade con Rafaell Eimil, Xefe de Costas e máximo responsable da actuación, o cal non está a ser claro co seu posicionamento.
Calaza finalizou cunha batería de posibles alernativas, que van dende a rfecuperación do entorno de Quenxe, a unión do paseo marítimo con Cee, unha ruta de sendeirismo polo litoral do concello, ou o centro de Día.

Falou Antonio Traveso, funcionario da Xunta, que participaba como veciño de Corcubión e Cee. Antonio fixo un repaso ao Corcubión de antes, o de agora e o que pode chegar a ser. Antonio fixo unha reflexión sobre o concepto rexeneración, asegurando que con esta actuación "non estamos rexeneranado, estamos matando". Antonio volveu a falar do problema dos mariscadores, da area de canteira...e puxo o exemplo da praia de Cee, praia de nova creación sobre a que se preguntou: "Que utilización ten?"

Pola súa parte, Emilio Louro, Milucho, secretario da Confraría de Lira, explicou que outro camiño é posible. Antes de falar de Lira, Milucho expuxo a súa visión persoal, que non é outra que "unha actuación destas caracteristicas precisa o consenso do pobo". Puxo datos sobre como o proxecto sostible da Confraría de Lira, malia estar a medio camiño de notarse. "A Reserva Mariña leva 2 anos aprobada e xa notamos melloría malia que en teoría debe notarse a partir dos 3-5 anos". Milucho reseñou que "se dende todos lados nos din que este é o camiño será por algo".
Fixo fincapé na beleza paisaxística e no recursos naturais, que supón un tesouro con respecto a outras moitas sociedades. "O home non pode estragar o que nos dá a natureza", sinalou Milucho, quen deixou claro que ata a hostelería está encantada co proxecto da confraía. Para finalizar, deixou a porta aberta a que se tendas pontes entre a administración local e a plataforma, para atopar solución a esta clase de importantes actuacións.

O debate foi moi intenso e as xentes participantes soltáronse e aportaron ideas. Unha das primeiras preguntas ía cara o dato que aporta o proxecto: "O 83% da poboación de Corcubión será beneficiada". Os asistentes realizaron unha reflexión común sobre que turismo visita a bisbarra, se busca esta clase de praias, e se vai ter en realidade un impacto económico na zona.
O proxecto inclúe unha partida de 1.200.000 euros, pero se trata dunha "partida finalista". Ante a pregunta dun veciño de se estes cartos poderían quedar en Corcubión, os poñentes explicaron que se trata dunha partida que só se poderá quedar na vila con este proxecto, e con este proxecto tal e como está redactado, sen posibilidades de modificación.
A situación das 20 mariscadoras tamén foi debatida. Un areal moi produtivo, segundo as mesmas mariscadoras, que tamén forma parte do colectivo, pero que dada a contaminación de Hidrocarburos e Fecais non poden ser consumidos. As compensacións económicas ás mariscadoras só está outorgado de palabra.
Sobre contaminación tamén se volveu sobre os índices de contaminación das augas da ría, que aínda marcan uns 25.000 UFC/100 ml de E.Coli (bacteria fecal), fronte aos 500 permitidos pola normativa da UE para o baño.

jueves 22 de octubre de 2009

O COLECTIVO EN DEFENSA DA RÍA CELEBRA ESTE SABADO UNHA CHARLA

O Colectivo en Defensa da Ría celebrará o sabado as seis e media da tarde na Casa da Cultura unha charla informativa sobre a praia. Por agora non está cerrada a lista de participantes pero esperan contar con un membro do proxecto "Mar de Lira", algún representante da Consellería de Pesca e de algún grupo ecoloxista. Están a intentar tamén conseguir que veña alguén de algunha zona donde xa se intentou facer algo parecido ao de Corcubión.

O BNG DENUNCIAN QUE OS PRESUPOSTOS DA XUNTA PARA O 2010 OTORGANLLE 0 EUROS A VILA

Nota de prensa do BNG

Á vista do proxecto de contas do goberno de Núnez Feijoo para o 2010, o BNG de Corcubión considera que estes son nefastos para o concello de Corcubión, pois o investimento na vila é nulo. O BNG non se sorprende, pois o PP castiga a este concello cada vez que se senta no Pazo de Raxoi, en comparación con outros municipios, e desta vez non ía ser menos.


O portavoz Local, Oscar Insua, que ademáis é secretario de organización na comarca manifestou que: “Este é o PP de sempre, levan 25 anos no poder, e aínda temos que escoitar que determinadas obras na Costa da Morte teñen que esperar ata o 2020. É vergoñento e non sei como non se ruborizan nas roldas de prensa ”. Insua replica ao Partido Popular que “ O 1 de marzo os do PP cos resultados sufriron un “shock” e seguen afectados de amnesia, pois o que reclamaron o ano pasado para a comarca, esquecéronno completamente”., Pon de exemplo os 200.000 € que reclamaban nas enmendas para o centro de día de Corcubión- “¿onde están nestas contas?”-preguntase o edil corcubionés-. O mesmo pasa co centro de repoboación de Muxía , co parque empresarial de Carnota, coa estrada Dumbría- Ézaro ou coas concentracións parcelarias en Zas, entre outras. Oscar Insua reclama ao PP da Costa da Morte “menos palabrería, menos fotos, e máis cartos e máis coherencia”. Así mesmo, suxire á edil popular en Corcubión “que lle pida ao presidente Feijoo o mesmo que o ano pasado, 200.000 € para comezar a residencia de día, polo ben da nosa vila”.


Xa por último, critica “a hipocresía dalgún deputado do PP ,que di ser da Costa da Morte, e que prometeu e prometeu nas eleccións que loitaría polo proxecto das tres “ces” (Coruña-Carballo-Corcubión), proxecto que recibe nestes “ambiciosos ” presupostos a cantidade de 0 €. Esta é a política do PP, a do engano”.

CHISCO ANUNCIA QUE SO FALTA UN PERMISO PARA PASAR A ZONA VERDE O SOLAR DO CINE

La voz de Galicia
O alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema, asegura que nuns meses poderase facer efectivo definitivamente o cambio de ficha proposto polo goberno local para o solar do cine de Corcubión.
Ata agora, tanto Medio Ambiente como Patrimonio deron xa o visto e prace ás pretensións municipais de modificar o uso do chan nesa parcela, situada na praza de Castelao. Falta tan só outro informe da Xunta para que o Concello consome o seu plan de impedir alí a edificación dun bloque de apartamentos, trátase do que debe emitir Urbanismo, organismo que xa ten no seu poder a documentación facilitada polo Concello de Corcubión e que nun prazo de tres meses debería dar unha resposta.
Con ese informe na man, o solar deixaría de ser edificable para destinarse a zona verde e integrarse así na praza de Castelao, pero o Concello tería entón que indemnizar aos actuais propietarios da parcela.
O alcalde de Corcubión explica que o goberno local ten pensado negociar con eles un prezo e que, se non se chega a acordo -e iso parece o máis probable, xa que ata agora as conversacións non serviron para achegar posturas-, abrirase un expediente para expropiar os terreos.
O rexedor apuntou que pensaron en varias posibles formas de financiamento da operación, pero que, en caso de non conseguir fondos externos, o Concello podería facer uso dun importante remanente de tesourería para facerse coa leira. Ademais, en caso de ser insuficiente, poderíase facer unha operación de crédito.

domingo 18 de octubre de 2009

O COLECTIVO EN DEFENSA DA RÍA PIDELLE A COSTAS QUE FAGA PÚBLICA A SUA POSICIÓN

Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría

O Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión sorprendido ante o silencio da Demarcación de Costas.


O Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión amósase sorprendido ante o silencio de D. Rafael Eimil, xefe da Demarcación de Costas de Galicia. Logo da entrevista mantida con él, na que dende a alcaldía de Corcubión de xeito malintencionado se nos acusou de terxiversar ás súas palabras, o señor Eimil garda un vergonzante silencio. Sorprende así mesmo que o alcalde corcubionés arrógase o papel de recadeiro xa que segundo parece, o Sr. Eimil só fala por boca del.

Consideramos que dende a Demarcación de Costas debería haber algún comunicado que aclarase cal é a súa opinión. Tamén poderían indicarnos cómo cren que se debería manifestar o rechazo a este proxecto, a cantidade de xente precisan para que se replantexasen esta aberración de praia artificial. Porque o que non pode negar o señor Eimil é que nesa reunión afirmou “que se había oposición, non se faría esa actuación”. Agora está no seu tellado indicar cómo precisa que lle sexa expresado o rechazo.

No tocante ao alcalde de Corcubión, habería que facerlle algunha matización sobre coñecementos básicos de Dereito Político. Él é o máximo representante do pobo de Corcubión, diso non hai dúbida. Él representa á vila e dirixe a acción de goberno. Pero a soberanía radica no pleno, que é a expresión do sentir dos veciños da vila. Esa é a razón, e non por capricho, que cada vez que hai eleccións é o pleno quen nomea ao alcalde. Logo diso, cabe lembrar que a expresión da soberanía popular, o pleno, tumbou a proposta do alcalde por 5 votos a 4. Dito doutro xeito: a representación da maioría dos veciños está en contra do proxecto.

Unha vez máis estamos moi contentos de que grazas á nosa presión, agora se decidan dende o Concello a informar deste proxecto aos veciños, algo que xa se debería ter feito con anterioridade. A ver se en vindeiras ocasións comenzan a casa polos cimentos.

Dende o colectivo gustaríanos que o alcalde refinase o seu estilo cando tivese que falar da praia, xa que dende que naceu esta plataforma, os nosos argumentos só atoparon descalificacións e desplantes por parte do sr. Lema. Estaría ben que dunha vez e por todas aportase argumentos a prol da praia e fixese un intento por respostar con fundamentos. As descalificacións e alusións persoais só contribúen a que medre un clima de crispación no que, queremos crer, él tampouco está a gusto. Podería amosar un pouco de respeto polas persoas que non opinan como él e debería facer un intento por non levar as discrepancias políticas puntuais ás descalificacións persoais. Debata con argumentos e non nos pida actos de fe e confianza cega nun proxecto que non ten pes nin cabeza. Quizáis tería que preocuparse máis doutras cousas coma de que a piques de entrar no século XXI e en pleno casco urbano, continúen habendo escapes libres de augas fecais, no lugar onde pretende ubicar tan idílica praia e que enchen o paseo marítimo de cheiro nauseabundo. Iso sí debería ocupar o seu tmepo pra mellorar a vida dos veciños. Logo de varios días sen chover non parece boa a explicación de que a rede está saturada polas augas pluviais...

Sobre o tema das sinaturas queremos indicar que o día que representantes da plataforma mantiveron a xuntanza co señor Eimil, trasladáronse alí as perto de 700 sinaturas de rechazo á praia artificial. Se dende a Demarcación de Costas o desexan, serán enviadas de novo con prontitude.

A diferenza do afirmado polo sr. Lema, nesas sinaturas non hai menores de idade, só hai veciños de Corcubión e unha mínima parte de Cee que amosan de xeito respetuoso a súa opinión.

Veciños dos que o sr. Lema tamén é alcalde e polo tanto non merecentes do desprezo amosado polo rexedor. Persoas de diversas tendencias políticas e algúns votantes confesos deste alcalde. Un alcalde que segundo parece ten un don especial para cuantificar esa “maioría silenciosa” que apoia a súa postura, pero que carece do tacto e sentido para aprezar 700 opinións en conta. Con nomes e apelidos.

sábado 17 de octubre de 2009

DONDE DIXEN DIGO DIGO DIEGO. A HISTORIA DO TRAPALLEIRO DE EIMIL

Lamentable nos parece a actuación do xefe de Costas Rafael Eimil que parece que ao alcalde lle conta unha cousa e a plataforma contalle outras.

Diario de Bergantiños

O PP LAMENTA QUE O CEMITERIO NON FOSE INCLUIDO NO PLAN E

La voz de Galicia

A portavoz do PP de Corcubión, Gema Freire Insua, mostrou o seu malestar porque o goberno local non incluíse na lista de obras do Plan E un novo cemiterio municipal.
A vogal popular considera que o alcalde enganou aos veciños «ao prometer aos catro ventos nos últimos anos un cemiterio que non acaba de pór en marcha». Na súa opinión, o lóxico fose aproveitar para esa obra os fondos do Plan E, diñeiro que se empregou, segundo Freire, «en parchear o municipio, en lugar de facer unha aposta clara por pór en marcha un servizo tan demandado en Corcubión».
Ademais, Gema Freire mostrou a súa preocupación polo proxecto para o camposanto, xa que, di, non se sabe como se vai a levar a cabo, e pregúntase se, de non chegar a un acordo co propietario dos terreos onde está previsto, entre San Andrés e O Vilar, recorrerase ao método da expropiación.
Anuncia a edila popular que preguntará por ese proxecto no próximo pleno que se celebre no municipio. Ademais, Freire pide ao alcalde «que deixe actuar a golpe de expropiación» e aposte polo diálogo cos veciños, e pon como exemplo da actitude do alcalde os pasos dados no caso do solar do cine na praza de Castelao. Nese asunto, como no proxecto de rexeneración da praia, considera que o rexedor, Francisco Javier Lema, actúa dun modo despótico.

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?