visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

12 jun 2012

O VALEDOR ARQUIVA A DENUNCIA CONTRA O ALCALDE INTERPOSTA POLO BNG

Quepasanacosta.com Parece que o asunto da Praia Artificial de Corcubión está pechado. E así o entende tamén o Valedor do Pobo, que declara conclusa e arquiva a denuncia do BNG contra o alcalde de Corcubión trala retirada dunha pancarta por parte do goberno municipal. O BNG acusaba ao alcalde de “abuso de poder” e “atentar contra o dereito fundamental de liberdade de expresión”. Mentres, dende o grupo de goberno consideraban “ilegal a colocación dunha pancarta nuns mastros de bandeiras, de propiedade municipal, sen autorización por parte do Concello”. Denuncian dende o Concello que “o grupo do BNG reutilizaron unha pancarta de propiedade municipal para facer sa pancarta. O Concello fixo as indagacións necesarias ao ver que na pancarta reutilizada aínda se podía ler a mensaxe orixinal e a titularidade municipal. A localización da factura da súa compra da fé disto”, destacan ao tempo que consideran “inapropiado que falen de falta de honestidade”.

No hay comentarios:

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?