O BLOG DOS VECIÑOS DE CORCUBION Un lugar donde enterarse, opinar e comentar a actualidade da nosa vila. Un punto de denuncia.Un recuncho aberto a todalas ideoloxías.
19 jun 2012
SAN PEDRO QUECE MOTORES
Quepasanacosta
Este ano, mozos e maiores cantarán xuntos a Xota de Corcubión na Romería de San Pedro da Redonda. I é que a vila corcubionesa é un claro exemplo da problemática cas Festas en todo o país: facer a festa o día do santo, ou na fin de semana?
Moitas son as vilas que, ante estas datas de emigración, deciden traspasar a verbena para a fin de semana, pero en Corcubión non ocorre así.
Deste xeito, nos últimos anos, os maiores celebran o día da festa no campo de San Roque, mentres que os máis novos, volven a fin de semana para celebrar o seu xa tradicional SPS, o San Pedro Sábado.
Este ano, o 2012 é caprichoso e o 29 de xuño, Día de San Pedro, coincide en venres. Así que venres e sábado, todo Corcubión subirá ao Campo de San Roque, a celebrar esta auténtica romería, chea de música (da man das orquestras pero tamén dos propios veciños), de comilonas e de bo humor.
Ler máis
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario