visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

19 jun 2012

EDIFICIOS INACABADOS EN QUENXE

COMPASDACOSTA.COM Foto compasdacosta.com
 A vila de San Marcos ademais de ser coñecida polo seu casco medieval tamén ten moita sona por ter sido a primeira vila da Costa da Morte en sumarse á moda da “marbellización”. Paseo a miúdo pola praia de Quenxe e os seus arredores, onde tivo lugar este desproporcionado crecemento inmobiliario. Despois de tantos anos un acábase acostumando a todo. Do que non consigo esquecerme nin nos meus mellores soños é dun dos edificios que alí se atopa, unha construción que sufre de anorexia, está nos ósos dende xa hai moitos anos e a vexetación está comezando a apoderarse del. A edificación atópase paralizada, non me preguntedes o motivo, son un cormorán, a min non me informan desas cousas. Quizais se parou por orde xudicial, quizais foi porque o promotor cambiou de opinión ou igual o pararon por romper a estética de Quenxe cun toque un tanto “alternativo”. Quedo un par de horas diante del reflexionando, será un bo sitio para refuxiarse dos fortes temporais deste recuncho da costa galega? Mentres me atopo aquí contemplando esta “marabilla” da arquitectura contemporánea espero que comecedes a gozar do verán que xa comeza. LER MÁIS

No hay comentarios:

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?