visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

3 jun 2012

15 TONELADAS DE BASURA FORON RETIRADAS ONTE DO FONDO DA RÍA

La voz de Galicia Os fondos da ría de Corcubión están hoxe máis lixeiros, despois da operación de limpeza á que foron sometidos onte por un grupo de máis de 70 voluntarios coordinados por Asoar-Armega. En pouco máis de catro horas sacaron do mar ata 15 toneladas de residuos, catro colectores con todo tipo de obxectos. Unha cantidade máis que respectable de cousas que non deberían estar alí, pero menos que nas campañas anteriores, destacou Luis Rodríguez, presidente de Asoar, o que supón unha boa noticia. «Ogallá volvéramos sen nada», di Rodríguez, quen cre que os esforzos por sensibilizar ao sector da pesca e aos veciños están dando xa os seus froitos, pois se tiran menos cousas ao mar. No operativo participaron un total de 22 mergulladores, unha decena de embarcacións e un camión cun guindastre. En total, algo máis de 70 persoas entre as que estaban no mar e as que coordinaban e recollían os materiais no porto. Ninguén cobrou polas tarefas de limpeza, na que participaron non só veciños e colectivos da zona, senón tamén presentas chegadas polos seus propios medios desde Ferrol, Arousa e Vigo, entre outros lugares. Na xornada de onte xogaron un papel moi destacado os nenos. A eles dedicouse un obradoiro de sensibilización no coidado do medio ambiente que tivo gran éxito. Os pequenos eran os encargados de limpar -cepillo de dentes en man- os moluscos e animais mariños que viñan pegados aos obxectos recuperados do fondo. Aplicáronse con ganas á tarefa, depositando en acuarios aos animais que ían collendo e que ao final da xornada foron devoltos ao mar. As campañas de Asoar, e van trece, non se realizan só na Costa da Morte. Xa pasaron por Fene, Ferrol, A Coruña, Muros e Ribeira, ademais de facelo por Fisterra e Camariñas. Luis Rodríguez, asegura que a súa actividade ten moita demanda e que a súa intención é estender ata o sur de Galicia o seu radio de acción. Apunta, ademais, que hai colectivos que os chaman solicitando información para pór en marcha operativos similares, o que demostra o éxito da iniciativa e o interese da xente.

No hay comentarios:

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?