visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

4 mar 2012

A DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS CONFIRMA A SANCION DE 15.000 AO ALCALDE POR ACOSO

Nota de prensa do BNG

O bloque considera que deberá abonalos do seu peto

Xa pasaron dous meses dende que a Dirección Xeral de Relacións Laborais confirmou a sanción de 15000€ que a inspección de traballo impuxo ao concello por acoso o pasado ano, e namentres o alcalde non só ocultou esta información, senón que tampouco a plasmou nos orzamentos municipais que aprobou recentemente. É salientabel o interés que ten o rexedor Lema Fuentes en ocultar esta información, pois lembrounos aos concelleiros do BNG “o deber de gardar reserva das informacións que nos facilitan”, cando todo Corcubión sabe que o concello estaba pendente desta resolución da Xunta de Galiza.

Para o BNG está é a proba do que vimos denunciando públicamente dende fai tempo, a política laboral de acoso e derribo que fai o alcalde, tratándose neste caso, dunha conducta gravísima, como é acosar a un traballador, un comportamento denigrante vindo dun alcalde que representa a un pobo, é moito máis vindo dun rexedor amparado polo PSOE, partido que dí defender aos traballadores, aínda que todos sabemos que é complice co PP das últimas reformas laborais que supoñen o maior ataque á clase traballadora.
Oscar Insua, portavoz do BNG en Corcubión manifestou que “Os 15.000€ de sanción ten que pagalos o alcalde do seu peto, pois el é o verdadeiro responsábel do acoso, non o concello, por iso promoveremos as accións oportunas para defender o patrimonio municipal.Supoñemos que xa contará con iso, pois non incorporou dita sanción nos orzamentos municipais, tendo xa coñecemento dela a finais do ano pasado”. O edil nacionalista, dixo que “Coa que está caendo, o alcalde só se dedica a despilfarrar os cartos públicos en pleitos cos traballadores, en vez de destinalos a servicios esenciais e necesarios para a poboación nesta situación de crise económica e social. Esto é unha auténtica vergonza, e o acoso laboral é totalmente indecente” Por último Insua, declarou que “Alguén no PSOE debería meditar a continuidade dun alcalde acosador”

2 comentarios:

Anonymous dijo...

Lo que si es que parece que no hay representantes Sindicales en el Concello de Corcubión para Denunciar este tipo de Acoso Laboral,aparecen cuando son las Elecciones Sindicales y una vez hechas desaparecen.Pues menudos Sindicatos solo sirven para cobrar al final de mes......

Anonymous dijo...

Tes razon solo aparecen cando e das eleccions eso que estan no concello todo ano escondidos e sin dar pau o auga, o unico que fan e cobrar o mismiño que fixeron os das dedicacions esclusivas hasta que acabaron de joder os cartos do pobo

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?