Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría
O Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión celebrou unha xuntanza na mañá de hoxe sábado. O Colectivo alédase de ter constatado o crecente rexeitamento social ao proxecto da praia artificial de Corcubión, traducido na incorporación de novo s integrantes a este grupo de traballo.
Logo desta reunión o Colectivo quere solicitar do Partido Popular un pronunciamento serio e contundente, sobre as súas intencións ao respecto do proxecto da praia artificial. Recentemente o PP de Corcubión ten reiterado o seu rexeitamento á instalación desa aberración medioambiental. Consideramos que as responsabilidades de goberno que mantén o Partido Popular tanto a nivel autonómico como estatal, fan que coma é evidente, estea nas súas mans a capacidade de frear de xeito definitivo esta actuación. Somentes pedimos que leven a práctica a posición de rexeitamento ao proxecto que nos teñen amosado en reunións bilaterais cando inda non ocupaban tales responsabilidades de goberno. Queremos coherencia e, fundamentalmente, feitos.
Tamén nos queremos dirixir a outra entidade que ata o de agora garda un incomprensible silencio: a Confraría de Pescadores de Corcubión. Un proxecto que supón unha modificación nos puntos de amarre e que afectará ao calado das embarcacións que teñen base no peirao corcubionés debería provocar algún tipo de pronunciamento por parte dese organismo.
Ao Partido Socialista, e especialmente ao alcalde de Corcubión facémoslle un chamamento ao sentido común e á claridade. En primeiro lugar porque sigue sendo absolutamente incomprensible a súa teima en sacar adiante un proxecto que xa ten dous pronunciamentos en contra, en sendas sesión plenarias do Concello de Corcubión e unha importante contestación social. O alcalde sigue facendo oídos xordos á voz da rúa e tampouco parece disposto a querer calibrar ese apoio, ficticio, que asegura ten a praia artificial, mal chamada por él “rexeneración”. Así mesmo solicitamos claridade porque non fala moi ben das súas intencións o feito de manifestar que o proxecto está parado, na mentres ás agochadas se siguen facendo movementos para convertilo en realidade. Basta xa de maniobras escuras.
O Colectivo seguirá dende hoxe mesmo coas súas reunións periódicas, abertas a toda a veciñanza que rexeite o proxecto de praia artificial.
5 comentarios:
Onde estivo tal colectivo cando construíron o porto de Brens que afecta as correntes marítimas?
Onde estivo cando a praia de cee volveron enchela de caolín?
E os problemas das mariscadoras?
E por que non se lles ven cando hay xornadas de limpeza da ría?
Este non e un colectivo en defensa da ría, e un colectivo anti Chisco, chega facer Oscár isto e estades lambéndolle o cu
Xa estamos coas bobadas de sempre a os argumentos de perra chica. Que si onde estabn cando... Estabn onde estaban. Este é un colectivo creado para protestar por algo que non ten pés nin cabeza. A ver se agora , para poder protestar hai que TER estado en un número determinado de protestas anteriores. NON DADES UN SO ARGUMENTO QUE APOIE O SI A PRAIA. Cada vez que apareced es por aquí é para vir coa matraca de sempre. Que si anti Chisco e que si non sei qué. As cornadas de limpieza da ría faenas ASOAR ARMEGA, que por certo Tm están algúns deles neste Colectivo.
Hai que informarse antes de largar a lengua a pacer.
Non queremos unha Praia artificial. Faga quen a faga. A ver se vos entra ña cabeza. Menos servilismo, por favor e máis siso.
Pois chamadevos doutra forma por que a ría en si non a defendedes si non un so acto. Eu son dos que pensa que o pobo ten que votar, pero so os empadroados no pobo, non amigos que veñen de visita nin hostias, so os que pagamos os nosos impostos.
Riome cando vexo que lle pedides ao PP que se pronuncie, a Gemita o pobo ahora non lle importa, ela está ao seu en Santiago e vai facer o que a Xunta diga, como moito aprobeitarase cando cheguen eleccións como no caso dos De pazos.
A próxima vez pedímosche permiso para poñer un nome. Deixa de coñas, se queres ampoias a Praia artificial ou non, pero Deixa de botar por fora.
Apoias, quería dicir
Publicar un comentario