visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

27 mar 2012

COSAL ORGANIZA UNHA GALA SOLIDARIA QUE CONTARÁ CON LEO BASSI

Cosal Costa da Morte, en colaboración con Buserana, unha gala solidaria con Palestina .
co fin financiar o Festiclown 2012. Os encargados de amenizar a gala serán os Pallasos en Rebeldía
e terá lugar sábado 14 de abril, ás 20.30 horas, ná Casa da Cultura de Corcubión, onde artistas da talla do mesmo Leo Bassi, colaborador do Festiclown, Talía Teatro, Os sete magníficos máis un (Pallasos en Rebeldía), entre outras compañías. A gala conta tamén coa colaboración de Avelino González, (actor galego ben coñecido polo seu traballo en Padre Casares) como presentador da mesma.
As entradas (donativo de 5 €) están dispoñibeis nos seguintes locais:
Clínica La Paz e Quiosco La Junquera, en Cee.
Quiosco de Corcubión.
Pub Boulevard, en Fisterra.
Bar O Xardín, en Muxía.
Café-bar Celme, en Vimianzo.


Existe tamén unha Fila cero, colaborando tamén con 5 euros.

No hay comentarios:

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?