visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

21 ene 2012

O PLENO VOLVE A VOTAR EN COTRA DA PRAIA ARTIFICIAL

La voz de Galicia

Por segunda vez o pleno de Corcubión dixo non ao proxecto de rexeneración da praia da localidade que o alcalde quere levar a cabo no municipio e que Costas aprobou e comezou a licitar. O PP sumouse á moción do BNG, defendida polo edil Francisco Javier Paz, quen recordou os informes existentes sobre o impacto desa actuación e que mentres se querían gasta 1,1 millóns de euros nunha nova praia, non había un plan para sanear a ría.
«É unha imposición dun ministerio e dun alcalde ás costas de todo», dixo pola súa banda sobre o proxecto a vogal do PP, Gema Freire, quen cualificou, ademais, como unha falta de respecto que se aprobase a obra tres días antes das eleccións xerais. «Non queremos unha remodelación da fachada marítima», dixo, e apuntou que o pleno xa se negou a esa actuación no 2008.
O alcalde, Francisco Javier Lema, defendeu o investimento, e dixo que solicitar a anulación dun proxecto non licitado non tiña sentido. O portavoz do BNG, Óscar Insua, aseguroulle que estaba mal informado e que si estaba en marcha esa licitación. O rexedor non quixo insistir moito no asunto. «O debate dá praia xa está feito», dixo, aínda así, volveu saír en defensa do investimento. «Na praia dá Concha , en Cee, nin houbo contaminación nin se acabou ou marisqueo», dixo o rexedor. «¿Cantos bañistas usan esa praia, os contou? ¿Foi vostede a bañarse alí?», respondeulle preguntando o edil do BNG.
O alcalde, pola súa banda, deixou claro que non cría que finalmente a obra, co PP no Goberno, levase finalmente a cabo.
Consulta sobre o cemiterio
Os nacionalistas presentaron outra moción que non chegou a debaterse porque o alcalde pediu un informe por escrito á secretaria e quedou para o próximo pleno.
O BNG propuña unha consulta popular sobre a localización do novo cemiterio. O rexedor dubidou da legalidade desa medida, mentres os nacionalistas afirmaron que nada había de ilegal en promover esa consulta que, dixo Insua, non é o mesmo que convocar un referendo.
Ao pleno chegaron outras dúas mocións, aprobadas, do BNG, unha pedindo que se mantivese o sistema de gardas nocturnas das farmacias como estaba, e non só onde hai PAC, e outra en contra da subida do IBI. O alcalde dixo sobre a segunda que a súa intención era non subir ningún imposto e que de feito os orzamentos elaboráronse sen contemplar subida algunha. Se a subida é imposta desde fóra, aclarou, non quedará outra que aplicala, pero non é intención do goberno local, que considera, dixo, un erro esa medida nas actuais circunstancias.
Na sesión aprobouse que Corcubión sexa sede do arquivo da Mancomunidade e unha moción socialista instando a lexislar para facer da custodia compartida, en caso de separación, unha prioridade.
Empregados municipais
Os nacionalistas criticaron a diferente rapadoira que o rexedor aplica aos empregados. Uns teñen que reclamar a produtividade pola vía xudicial e a outros, en iguais circunstancias, dixo Insua, abónaselles sen reparos. O alcalde dixo que agora, cunha sentenza polo medio, pagábase así. Tamén criticou Insua que houbese diferenzas de trato na equiparación salarial de empregados públicos. Ademais, non lle parece ético que o arquitecto municipal firme proxectos particulares no propio municipio, motivo que serviu ao goberno local, dixo, para despedir ao anterior aparellador. O alcalde apuntou que eran casos distintos porque o actual non está en persoal e solicitou permiso.
O estado da nave de Protección Civil, en esRrutura e parada desde hai meses, foi tamén obxecto de críticas, así como tamén foino, por parte do PP, que todas as obras de electricidade lévellas unha mesma empresa. O proceso xudicial co electricista municipal foi tamén criticado pola oposición.

3 comentarios:

Anonymous dijo...

Non pasa nada. Nin dous plenos en contra abondarán para que este cacique e os seus lambecús baixen da burra.

Anonymous dijo...

eu non me cosidero cacique nin son lambecú de ninguen e sin embargo estou a favor da praia osea que menos insultos e haber si empezades a respetar outras ideas que non todo o mundo vos apoia.

Anonymous dijo...

A Chisco tampouco lle apoya a maioría e sigue ña súa manía. Iso si, sen dar un so argumento sobre os beneficios de facer ese desastre. Se fai por que o si el e xa está. Os que están en contra máis ou menos se sabe o apoio que teñen. a favor é un misterio, nin firmas, nin referéndum

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?