Nota de prensa de ASOAR-ARMEGA
O vindeiro mes de abril ASOAR-ARMEGA vai realizar unha nova limpeza, e xa van trece, desta volta na Ría de Corcubión. A entidade está a manter xa contactos cos posibles participantes, tendo xa unha lista de uns 150: 50 buzos, 10 embarcacións con 40 tripulantes, e uns 70 colaboradores en terra. Pola experiencia en xornadas anteriores a Entidade pensa retirar gran cantidade de residuos que están contaminando parte da Ría. Desta volta vaise incidir de xeito importante na concienciación, a través de actividades dirixidas aos máis pequenos, de feito tense enviado xa comunicación aos colexios da zona para que asistan un importante número de escolares. Estas actividades consisten na recuperación daquelas especies que veñen adheridas aos residuos recollidos do fondo e que se encontran contaminados. Pero en realidade o transfondo da iniciativa é que a concienciación, pois nada mellor que coñecer de preto o estado das especies que habitan nun fondo contaminado e implicalos na súa recuperación, para que finalmente poidan voltar en boas condicións a uns fondos limpos.
2 comentarios:
non fan nada de mais pois e do que VIVEN,o raro sería que limpasen o monte,
qué comentario tan noxento, como será a cabeciña de onde sae...
Publicar un comentario