Nota de prensa do BNG
Lamentan que o alcalde faga as cousas ás costas da Corporación e continúe exercendo con prepotencia e desprezo á veciñanza
O portavoz municipal do BNG de Corcubión, Oscar Insua, asegurou hoxe que "promoveremos que os veciños e veciñas do noso concello decidan maioritariamente o lugar onde construír o novo cemiterio". Dixo ademais que "o alcalde está a preparar, como un exemplo máis do escurantismo da súa xestión, actuacións sobre o novo cimeterio sen ter o acordo da maioría da Corporación nin o asentimento veciñal".
Segundo poido saber o BNG ,o alcalde quere impoñer a súa construción na costa de Amarelle mediante un contrato de concesión de obra pública, ocultando a súa entrega a unha empresa privada e a privatización do cemiterio. Por riba pretende pagar 36.000 euros por un terreo en solo rústico.
Segundo o portavoz nacionalista, “o BNG de Corcubión quere que a ubicación do cimeterio a decidan os veciños e veciñas, dentro do maior consenso sobre esta obra necesaria e demandada polos veciños e veciñas. Ademais imos defender un cemiterio público, non privado, pero por riba de todo queremos que sexa o pobo o que decida onde debe situarse o novo cemiterio, pois existen alternativas máis acaídas".
O portavoz municipal, Oscar Insua, considera “un despropósito este modo de actuar do alcalde, primero di que quere buscar consenso sobre as grandes cuestións, e despois fai o que lle peta. Lamentamos que o alcalde continúe con ese papel prepotente e escurantista de facer as cousas ás costas dos veciños e veciñas e sen renderlle contas á Corporación municipal."
5 comentarios:
Demagoxia barata
Políticamente falando é para enterrar a Chisco.
Aqui todo é demagoxia: os pleitos perdidos, as cacicadas, os tratos de favor, a operación orquesta, o derroche de cartos... Explicacións razoadas cero. Neste caso tamén, porque como todo o mundo sabe, cando un sae elexido alcalde, inda que esté en minoría pode facer o que lle peta. CHisco pode facer o cemiterio onde lle pete, nos terreos que queira, nas condicións que lle de a gana e adxudicalo sen que ninguén saiba nada. Porque é o alcalde y al carallo
A min o BNG non me consultou cando gobernaba se quería que cambiasen de ubicación o colexio e o concello, nin onde facer a casa da cultura o pavillón ou o campo de fútbol....
O que goberna ten que gobernar e deixarse de caralladas.
É que a ti nin a min non nos consultan, pero cos otros grupos políticos si. E máis se estás en minoría. Querer xustificar o inxustificable leva a decir esas barbaridades.
Publicar un comentario