visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

2 ene 2012

2ª PARTE DA CONTESTACIÓN DO EDIL DO BNG AO ALCALDE

RESPOSTA AO ALCALDE DE CORCUBIÓN (II)

Como continuación da resposta a seu escrito da Voz de Galicia do 16/12/2011, comenzarei con unha cita de Bertolt Brecht: “Cando a hipocresía comenza a ser de moi mala calidade, é hora de comenzar a decir a verdade”.

E falando de hipocresía, permítame unha matización do que vostede afirma de que as facturas agochábanse nun caixón na miña anterior etapa como concelleiro. Seguramente alguén informoulle da existencia de un caixón e vostede xa o relacionou que era para agochar as facturas. Pois non señor a ese caixón non iba a parar ningunha factura sinon os recibos dos impostos municipais impagados, practicamente todos eses recibos pasaron de ser impagados a ser recibos incobrables. ¿E a que se debía esto? Moi sencillo, os mais listos deste pobo sabían que o Concello non tiña capacidade excutiva de recaudación, é decir si alguén non pagaba os impostos o Concello non podía executar o embargo contra os bens do deudor e polo tanto non lle podía cobrar. Para denunciar ante o Xulgado a estes pufentos terían que ter unha débeda mínima co Concello de 60.000 pesetas e nunca chegaban a esa cantidade porque os recibos iban prescribindo. Mentras a xente humilde, á que lle costa chegar a fin de mes, pagaba relixiosamente os seus impostos, resulta que os amantes do pobo e os seus amigos, “la flor y la nata” “la Hifi Life” (a alta sociedade) non pagaban. Pensamos no Concello en facer público os nomes dos deudores pero ó final desistimos e decidimos chegar a un acordo ca Deputación, que tén capacidade executiva de recaudación para que ésta cobrara os impostos municipais con un coste do 15% dos recibos. Anualmente os recibos impagados superaba o 15%. Estes feitos fíxoos públicos na prensa un concelleiro do BNG daquela época ¿Entendío agora o conto do caixón?

¿Porqué non contesta vostede sobre a multa ao Concello por infracción administrativa grave de Radio Neria? Son nada menos que 45.000€ (7.500.000 pesetas) Unha cantidade que sumada a multa de Inspección de Traballo por acoso laboral fan un total de 60.000€ (10.000.000 pesetas), unha cifra para estar preocupados. Pero claro esas cantidades non saen do seu peto sinon das escuálidas arcas municipais.

Eu non lle digo que compare os gastos dos seus asesores urbanísticos cos que cobraba a consultora do goberno BNG-PP. Tan só lle dixen que é un derroche de diñeiro público gastarse anualmente 24.000€ (4.000.000 de pesetas) en asesores urbanísticos, cando a construcción de novas vivendas en Corcubión é prácticamente nula. ¿Qué informan estes asesores? E dispois andamos dicindo que non hai cartos para a Gardería. Anóteo no apartado de cousas raras. Claro que como vostede está acostumbrado a pagar os salarios a traballadores castigados (acosados) sin facer nada durante anos, éstes asesores é igual que si estiveran afiando lápices nos sotos do Concello. Cobrando sin facer nada.

Por certo, dende o meu anterior escrito (22/12/2011) e éste de hoxe, xa perdío vostede outro xuizo. ¡E que non para¡ ¡Que manía lle colleron os xuices¡ Canta razón teñen os da Voz de Galicia decindo que o Departamento de Recursos Humanos deste Concello está nos Xulgados. Outra de traca: Un electricista cobrando na casa, outro electricista contratado coidando os xardíns co xardiñeiro e a empresa de sempre poñendo bombillas nas farolas.

Porqué non contesta sobre a “obra menor” de Redonda. Unha licenza que vostede otorgou no ano 2.006 con un presuposto de 1.000€ para a construcción de un muro de 800 metros. ¿Iniciou ou finalizou vostede o expediente de reposición da legalidade para que esta obra se axuste á normativa e pague o que lle corresponde? E xa non quero decir nada sobre as obras posteriores nesa finca. ¿Paga algún imposto urbanístico esta finca?

¿Comenzou ou finalizou vostede a reposición da legalidade dos muros do antiguo Campo de futbol na Oliveira? ¿E da urbanización Chulavista? ¡Outra que ben baila¡

Con respeto ao muro do Camiño Público da Pallegueira remítolle o escrito que publiquei neste mesmo blog o dia 20 de maio de 2011:

“A un impresentable:

Unha das mais fermosas palabras que emplean os portugueses para chamar cariñosamente ós neniños son “os putos”. Outra cosa é o seu feminino que son as que exercen o oficio mais antigo do mundo. Pero eu non veño a falar dos neniños portugueses nin do seu feminino, eu veño hoxe a este blog a falar do “puto muro da Pallegueira”. Ese muro do que o impresentable e os seus lambecús levan falando incansablemente polos carreixos deste pobo dende o ano 2.002. E van calumniando, difamando e repetindo as mentiras unha e mil veces,ano tras ano, cansinamente a todos os da súa correa. Pois ben, imos a aclaralo, non por eses miserables que nada nos importan, sinon para que este pobo tome concencia da clase de individuos que nos están gobernando e metendo odio entre os corcubioneses.

Cos temporais de Decembro do ano 2000 derrumbouse unha gran parte do Camiño Público da Pallegueira. Toneladas de terra e pedras caeron enriba da parte posterior da nosa casa, así como unha gran tromba de auga que estivo saindo varios días, algunhas pedras corrian o risco de caer contra as paredes da casa. Fomos ó Concello a avisar de que caera parte do camiño para que viñeran a retirar todo ese lodo e pedras . No Concello dixéronnos que iban a pedir unha subvención e que esperaramos a ver qué solución lle daban. Estivemos esperando ano e medio con todas esas toneladas de lodo e pedras nas paredes da nosa casa, con grandes pedras apuntaladas contra a casa polo perigo de derrumbe ata que a mediados do 2002 chegaron os cartos para facer o muro. Esa subvención non daba máis que para facer trece metros de muro e acordamos co contratista que o resto do muro ata os 21 metros o pagaríamos nós. No proxecto estaba previsto usar unha pequena retro-excabadora para retirar o lodo e pedras pero non tiña acceso polo que houbo que facelo a pico e pala. Esto, advertíonos o arquitecto significaría menos metros de muro. Ó final, máis ou menos, pagamos a metade dos 21 metros de muro. Un muro que pagamos a medias para que non haxa derrumbes nun camiño “PÚBLICO”. O impresentable estuvo mirando anos e anos o expediente, mandou ó municipal a sacar fotos e máis fotos, a preguntar e volta a preguntar, anduveron murmura que murmurarás, criticando, difamando, calumniando e manipulando á opinión pública cando sabía todo deste “puto muro da Pallegueira” que foi pagado á metade por nós e a outra metade por unha subvención que ven de Madrid conseguida polo goberno municipal do Concello de Corcubión. O impresentable en cuestión volve a sacar o tema do “puto muro da Pallegueira” no mitin de “la PSOE” e os lambecús aplauden. Hai algunha xente que leva tanto tempo colonizada que xa pensa que forma parte do imperio. ¡Meus probes! Xa o dixen no mitin do BNG: O sistema de sementar o odio sempre foi utilizado polos gobernantes mais indecentes deste planeta. E este inútiles non valen máis que para difamar. Nunca neste pobo, tan poucos fixeron tanto dano a tantos e en tan pouco tempo”.

Agora ademáis, añade outra infamia dicindo que se cambiou a execución da obra para favorecerme e perxudicar aos veciños. Mire vostede, xa bastante veneno sementou por todo pobo. Non veña a malmeter e sementar cizaña cos nosos veciños, cos que temos con todos unha moi boa relación. Disfrute vostede da política.

Xabier Paz Regueira. Corcubión 1 de Xaneiro de 2.012

14 comentarios:

Anonymous dijo...

moito rollo,xavi,moito rollo

Anonymous dijo...

Moito rallo,quero decir, moito rollo pero é a verdade, dos señoritos solo quitas bonitas palabras pero os feitos son beneficio para eles ¿ sabedes quen é o SEÑORITO ? pois Chisco, ese ser repugnante.
Xabier fala ca man no corazón,uns poucos miserables non terán o coraxe de recoñecelo mais non terán razón e o tempo(non moito)fará a todos ver a verdade.

Anonymous dijo...

Cando se mezclan asuntos persoais con asuntos publicos e que pagamos outros da lugar a odios e a envenenar por non lograr o obxetivo perseguido,entendo que estes doido Xavier seguramente a min no teu sitio me pasaria o mismo pero eso non quer decir que poidera ter a razon, ti formastes parte da vida publica do noso pobo e perjudicastedes a muita xente tampouco se trata de justificar nada pero metete no sitio deles tamen, sabes cal e a diferencia, que ti destilas veneno e os teus veciños calaron a boca, e utilizaron os medios democraticos para premiaros por eso estades na oposicion, seguide asi que o facedes muy ben pola vosa forma de facer as cousas muitos que fomos afiliados o BNG fomonos porque non nos sentiamos identificados co que faciades e mirade o patio que estades a deixar hasta o PP vai a ser a segunda forza politica no concello o sea terra queimada para o partido.Os odios persoais deben quedar fora porque perjudican o pobo e facedesnos victimas a quen non queremos saber nada do pasado porque consideramos que xa esta ven,y ti como sindicalista deberias de facer algo de humildad e reconocer que a contratacion de algun perxoal do concello sin cualificacion profesional fui contratado por vos e que forma parte das cagadas que cometestedes cando estabades o frente do concello, a min os que estan non me caen ben pero vos facede examen de conciencia, en fin BNG rexeneracion ¡¡¡XA!!!

Anonymous dijo...

que cualificación ten Norberto?

Anonymous dijo...

Ao das 15:52 : tes toda a razón, pero en vez de nombrar a Xabier tes que nombrar a Chisco, porque todo ese odio persoal é de Chisco para os antecesores no cargo, non te confundas, que la noche confunde bastante...!!!!

Anonymous dijo...

Ao das 15:52: Pero mira que escribes mal, porque non probas a facelo en castelán que é o teu. Tí sí que tes odio. Do BNG de Corcubión fóronse tantos afiliados que para contalos, dos dedos dunha man sobran catro. Polo tanto non está moi difícil saber quén é este amigo de Chisco e do veneno que ten. Son as malas compañías. Non me extrana nada que non queiras saber nada do pasado, mellor borralo e de paso tamén borra o futuro porque no PSOE o tes negro.

Anonymous dijo...

Non bon a crear un debate esteril e inutil,manteño o que dixen,podeche gustar como escribo ou non pero o que si teño claro e que me entendes, saca as orelleiras de burro que tes e que non che deixan ver mais ala da punta da nariz, non intentes disfrazar o que non e posible esconder eu funme do BNG porque non me gustaba o que estaba a acontecer e o mismo que fixen eu fixeron outros po lo que nestes intres o BNG e a terceira forza politica no pobo, e repitocho para que che quede claro porque en corcubion hay veciños que non comulgamos con nadie dos que participades da vida politica do pobo ¡¡¡ NON ME CAEN BEN OS QUE ESTAN A GOBERNAR AHORA ENTEDES GARRULO!!! non son do PSOE nin do PP pero teño claro que mentres esteades bos no BNG teño claro que seguirei pasando de todo e voltarei a decir BNG rexeneracion XA

Anonymous dijo...

O pp xa é a primeira forza política do Concello aplicando a túa aritmética,revisa o último resultado electoral, está por encima de Chisco e de tí.
Fiseches ben marchar do BNG, pois non encaixabas ben, estás mellor( por atrás) no PSOE, vai máis ca túa forma de ser (máis firme), como decia un "manu militari" , pero non por eso che vai mellor ¿ou sí?. contesta¡.

Anonymous dijo...

O muro de Redonda si que ten pecado: piden licencia para restaurar o muro por valor de 1000 € e resulta que o muro custa 180.000 €, eso supón que o concello deixou de ingresar os cartos pola licencia, quen é ou son os donos dese muro??Son familia de algun concelleiro??Este tema, parece ser que foi ao xulgado, como quedou, sabedes??

Anonymous dijo...

A pregunta é ¿quen favoreciu este importe en perxuizo das arcas municipais?,o culpable debe de ser condenado e se non aparece un culpable, a culpa recaerá sobre Chisco que é quen realmente permitiu esta perda de tributos en beneficio particular e non público. Menudo alcalde e o peor é que o sabe e o permite ¡delincuente¡.

Anonymous dijo...

Aprende a hablar y a pensar: ¿la pregunta es a quien favoreció pagar menos? ¡pues a quien se ahorró el dinero!, o sea, a quien tenía que pagarlo, que era el propietario de la finca.
¿Qué quién favoreció el importe?.El importe no fue favorecido sino falseado en el presupuesto que acompaña a la correspondiente solicitud. Lo habitual, en una obra que no requiere un proyecto firmado por un técnico y visado por un colegio profesional (como me figuro que ha sido el caso) lo suele hacer el contratista o autónomo, que va a realizar el trabajo, con la venia o en colaboración con el propietario que solicita la licencia. Ambos, serían responsables de la ocultación o falseamiento del presupuesto.
Otra cosa es ¿se hace comprobación de los datos aportados en la solicitud, así cómo un seguimiento de las obras (en este caso menores) que se efectuan en el término municipal?. En el primer caso, se requiere un técnico y en el segundo una persona o equipo que patrulle o vigile y denuncie. ¿Tenemos el presupuesto y los medios humanos, ambos necesarios, para poder realizar esas importantes funciones?.

Anonymous dijo...

Mira ti que este do comentario anterior fáiseme coñecido,moito entende deste tipo de cuestións "legais", e como non, exculpa totalmente ó Concello do caso.Técnicos, técnicos,sempre balóns fóra.Sábeo todo o pobo pero falta un equipo que patrulle?jajaja. Se seguimos este tipo de argumentos mellor era que nos gobernase un equipo de tecnócratas non?

Anonymous dijo...

É lista a catedrática esta, poñendo balóns fora da portería de Chisco.
O municipal chámase Manolo( é por se non o sabes,levas tanto tempo fora de Corcubión que o mellor te esquences ou o ignoras, como outras moitas cousas), este é o medio humano para revisar se a licencia concedida vai de acordo co solicitado.
Os medios materiais son: o coche do Concello para chegar o sitio,un bolígrafo,unha cámara de fotos para contrastar co arquitecto os traballos feitos,e,a observación do diferente valor do realizado entre 1000 e 180.000 euros.
Podes continuar defendendo a Chisco como bo xestor,máis eu che digo : "Tés unha cona que che colga".

Anonymous dijo...

Xabier, BEN FALADO!!! que non che cale ninguén!

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?