La voz de Galicia
O alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema, cre que as críticas da edila do PP, Gema Freire, polos gastos derivados do xuízo que o Concello acaba de perder contra un empregado municipal son un exemplo de «política absurda». Entre outro motivos, porque a decisión recorrida tomouse cando ela gobernaba en coalición.
Lema pregúntase se Freire se decataba de algo cando era alcaldesa en funcións, e lamenta que estea tan «obcecada en criticar ao actual goberno que non se senta a pensar. É tanta a rabia que ten polas persoas -engade- que xestionan ou Concello que desvaría, e iso lévalle a absurdos». Por responsabilidade, cre que a edila debería pagar a sentenza