O BLOG DOS VECIÑOS DE CORCUBION Un lugar donde enterarse, opinar e comentar a actualidade da nosa vila. Un punto de denuncia.Un recuncho aberto a todalas ideoloxías.
21 may 2012
A PRAIA ARTIFICIAL XA SÓ SERÁ UN SONO NA MENTE DOS SOCIALISTAS
La voz de Galicia
A praia de area de caolín de Corcubión non sairá do papel. O Goberno, en resposta a unha pregunta do deputado nacionalista Francisco Jorquera, explicou que non levará adiante e que se iniciaron xa os trámites para anular o proceso -en marcha desde hai meses- de contratación da obra. O motivo que aducen para frear a actuación é a negativa do pleno á construción dese novo areal. O BNG de Corcubión felicitábase onte polo cambio, pois unha maioría de veciños non quería ver un areal de caolín onde si o pretendía o alcalde. Con todo, segundo o portavoz do BNG, Óscar Insua, falta a segunda parte: non se trataba só de acabar coa iniciativa, senón de que os fondos previstos, 1,2 millóns de euros, destinásense a sanear a ría. Diso, por agora, non hai nada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario