visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

6 may 2012

O BNG CONIDERA QUE CHISCO DEBERÍA REFLEXIONAR SOBRE A SÚA CONTINUIDADE

Nota de prensa do BNG Despois de coñecer a última sentencia na que a xustiza lle da a razón por enésima vez ao electricista municipal, o grupo municipal do BNG pídelle ao alcalde e ao grupo municipal do PSOE que reflexionen sobre a súa continuidade. O BNG considera moi grave a actitude do alcalde contra este empregado, pois cabe recordar que xa lle impuxeron unha multa por acoso, dictamen que ten recorrido de novo na xustiza. O BNG xa lle ten advertido ao alcalde, que puxera fin aos continuos conflictos pola vía xudicial, pois todo o pobo sabía que existía mala fe, xa que o propio rexedor era consciente de que ía a perdelos. O grupo municipal ten denunciado en varias ocasións o despilfarro de cartos que supón ter abertos continuos xuízos contra os traballadores do concello, ademáis Lema Fuentes, utilizou un avogado privado na maioría das ocasións. A estes gastos hai que sumarlle as costas que vai ter que pagar o concello , así como as cantidades consignadas para interpoñer os recursos. O portavoz municipal, Oscar Insua, declarou que “Todos os cartos que gastou o concello nos xuízos contra o electricista deberían ser pagados polo propio alcalde, non podemos permitir que os caprichos personais del, sexan asumidos polas arcas municipais”. Insua engadiu que “Fai tempo que certas actitudes do alcalde perxudican a imaxe do noso pobo, parece mentira que sendo do PSOE, se dedicara a acosar a un empregado municipal”. Por último, o edil nacionalista comentou que “As declaracións do alcalde feitas na prensa son repugnates e impropias dunha persoa que representa a un pobo, nelas vese claramente o desprecio que ten hacia o empregado municipal, tratandoo como se fora un trapo, é hora de que comece a reflexionar sobre a súa continuidade como alcalde””

1 comentario:

Anónimo dijo...

pois que collan eles o mando xunto co pp pero sen un peso eh¡ haber si se atreven.

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?