O BLOG DOS VECIÑOS DE CORCUBION Un lugar donde enterarse, opinar e comentar a actualidade da nosa vila. Un punto de denuncia.Un recuncho aberto a todalas ideoloxías.
23 may 2012
APARECEN PINTADAS NO PASEO E NO FARO EN CONTRA DE CHISCO.
quepasanacosta.com
Como ben comenta a través das nosas redes sociais “hai outros foros axeitados para mostrar a disconformidade para cun Alcalde”. Pero recorrer ao patrimonio público, ao paseo marítimo dunha vila, á fachada por onde milleiros de visitantes nos coñecen, non é admisible. E máis cando nas pintadas inclúen acusacións, dende o anonimato, de que dous traballadores municipais “follan no Concello”.
Unha veciña do lugar facíanos chegar estas fotos do paseo marítimo. E a liberdade de expresión está moi ben, pero que se utilicen os espazos públicos para insultar e calumniar é inadmisible.
Ao parecer estas pintadas estedéronse polo Faro tamén ao longo da fin de semana, e agardemos que se eliminen de contado.
O BNG desmárcase das pintadas
Dende o BNG local apuraron para facer público o seu total rexeitamento ante as pintadas. Susana Trillo, responsable Local afirmaba que “nin compartimos o que se di, nin como se di, nin que se estropee así o mobiliario público. Parécenos deleznable que cheguemos a estes extremos, é patético. Nós, dende logo, nos desmarcamos totalmente desta clase de formas e sempre utilizamos outros canles”.
Novas relacionadas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario