visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

17 mar 2012

SOCIALISTAS E POPULARES OPOÑENSE A UNHA CONSULTA POPULAR PARA DECIDIR A UBICACIÓN DO NOVO CEMITERIO

La voz de Galicia

Corcubión viviu o xoves outro longo e tenso pleno -especialmente entre o alcalde e a portavoz do PP- no que a discusión comezou xa coa aprobación das actas, un tema que non é novo pero que unha vez máis levou as críticas populares. O seu portavoz quixo votar en contra, pero o cambio na norma levado hai un tempo no pleno fai que esas actas sexan aprobadas sen votación. As queixas de Gema Freire á secretaria de nada valeron.
Na sesión debatéronse varias mocións do BNG, unha delas pretendía que o Concello dedicase os 24 de febreiro a Rosalía de Castro con actividades e lecturas para difundir a obra da escritora.
Para o PP, tal iniciativa supuña «desprestixiar ao resto dos poetas» xa que, dixo Freire, aínda que «Rosalía é a mellor, tamén hai outros poetas que foron bos, como Curros », e apuntou que aceptarían a proposta nacionalista se a conmemoración fóra para «o día da poesía galega».
Tampouco ao rexedor parecíalle necesario algo así. «Existen outros que se poderían exaltar e xa \ o Día das Letras Galegas», resolveu Francisco Javier Lema. (Leer máis)

Non haberá consulta popular para decidir a ubicación do novo cemiterio.

No hay comentarios:

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?