Nota de prensa do BNG
O pasado xoves, na celebración do pleno ordinario, o Alcalde e o PP impediron que os veciños e veciñas de Corcubión poideran elexir a ubicación do cemiterio, ao votar en contra o PSOE e absterse na votación o PP na iniciativa do BNG para facer unha consulta popular sobre este asunto. Desta maneira, o pobo de Corcubión ficará sen a posibilidade de participar e decidir onde quere situar o novo cemiterio. O alcalde segue empeñado en mercar uns terreos, sen consenso político, polos que vai pagar arredor de 2500€ o ferrado de monte sen madeira, o que significa para o BNG un auténtico despilfarro de cartos e unha barbaridade.
Non é a primeira vez que o PP facilita ao alcalde sairse coa súa, pois no mes pasado, o orzamento municipal puido aprobarse gracias ao abandono do salón de plenos dos edís populares. Esta complicidade do PP co alcalde, obrigounos a rexistrar no congreso dos Deputados, a través de Francisco Jorquera, unha pregunta para que o goberno de Rajoy responda por escrito si vai seguir ou non adiante co proxecto xa iniciado da praia artificial, pois o Bloque corcubionés xa non se fía da palabra popular.
O portavoz nacionalista, Oscar Insua señalou que “O PP fala moito, pero ao final está facilitando que o alcalde sempre se saia coa súa, gracias a eles aprobou o orzamento municipal, e gracias a eles os veciños quedaron coa boca tapada, e non poderán elexir onde queren o cemiterio. O alcalde non quere escoitar ao pobo, ao contrario, encántalle a censura, e xa o demostrou co secuestro da nosa pancarta”. Insua tamén manifestou que “veremos si o PP cumpre coa palabra dada no seu día sobre a praia artificial, ou pola contra tamén deixará que o alcalde faga o que lle pete. Está claro que o PP de Corcubión, por activa ou por pasiva, é cómplice do alcalde”
2 comentarios:
Que pena, estáis convirtiendo entre todos al Concello en una mierda. Y todo en un momento en que nos estamos jugando nuestra identidad.
A mesma demagoxia de sempre: cando ao BNG non lle cumples o gusto, haiche complicidade co PSOE, si lle das a razón están contentos. O PP que é, o comodin do BNG???
Cando quere o BNG nin auga ao PP, pero cando quere apoia ao PSOE.
Qué listiños son os bloqueiros!!
Publicar un comentario