visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

13 mar 2012

O BLOQUE ACUSA AO ALCALDE DE RECUPERAR A CENSURA 40 ANOS DESPOIS

Nota de prensa do BNG


O pasado venres, o BNG de Corcubión colgou unha pancarta na praza de Corcubión para manifestar publicamente o noso rexeitamento ao proxecto da praia artificial co lema: “1 millón de euros tirados ao mar, e a ría sen sanear. NON Á PRAIA”. A sorpresa chegou hoxe luns, cando nos informan que o alcalde mandou retirar a pancarta sen dar ningún tipo de explicación, poñendo en entredito o dereito fundamental de liberdade de expresión que temos as personas e os partidos políticos.

Para o portavoz municipal, Oscar Insua se trata “dun auténtico atentado contra a liberdade de expresión. Fai 40 anos esto era normal, máis o alcalde recupera esas actitudes obsoletas propias do réxime franquista que parece añorar e que hoxe non deberían ter cabida no xogo democrático”. O edil nacionalista tamén declarou que “ ao BNG non o vai censurar ninguén, e seguiremos traballando politicamente e opoñéndonos coa voz moi alta e clara ao proxecto da praia artificial, porque ademáis de ser un despilfarro de cartos públicos, supón unha agresión ao medioambiente e a eliminación definitiva da explotación de recursos marisqueiros. Este proxecto, en plena crise económica e coa que está caendo, non é propio de políticos serios”. Por último, Oscar Insua destacou que “alguén no PSOE debería meditar a continuidade dun alcalde que censura a liberdade de expresión”



En Corcubión, a 12 de marzo de 2012.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Por moito que este home intente silenciar a todos os que non están con él no o conseguira.

Anónimo dijo...

Censura tras censura, e faise unha dictadura. Cando espertará o povo a unha primavera democrática?

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?