visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

19 feb 2012

OS PETARDOS DO ENTROIDO PROVOCAN UN INCENDIO NOS CONTEDORES DO PEIRAO

A irresponsabilidade de algún cativo, puido provocar onte unha traxedia no peirao de Corcubión. Arredor das 9 da noite un petardo lanzado dentro dos colectores soterrados do lixo do peirao provocaron un incendio dentro do contedores que provocaron unha intensa nube de fume. A rápida actuación de membros de Protección Civil que se encontraban participando no dispositivo do entroido, así como algúns veciños comandados polo concelleiro de Deportes Lalo Insua que acudiron a sufocalo con extintores e caldeiros de auga mentres non chegaban os bombeiros fixo que o lume non pasara a maiores e non se estendera aos coches alí aparcados. Arredor das 22:30 o lume quedou supostamente sufocado.
As catro da maña os bombeiros tiveron que volver de novo xa que o lume se reactivou.

5 comentarios:

Anonymous dijo...

A culpa é de Lalito.

Anonymous dijo...

Si es cierto que habia gente como vio que el Sr.Lalo estaba tirando petardos a los chavales tiene menos sentido que un niño de 10 años, y claro ahora culpan a los niños no tienen verguenza.....

Anonymous dijo...

Ben falado.

Anonymous dijo...

Os bombeiros que andaban x ahí ás 4 da mañan creo que non eran os de verdade....

Anonymous dijo...

Pois moi currado tiñan o disfraz, xq as catro da maña estaban os bombeiros e o camión de novo.

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?