Nota de prensa da Comisión da muller do BNG de Corcubión.
Xa vai para cinco anos que as mulleres do BNG de Corcubión puxemos en marcha a celebración do “xoves de comadres” na Costa da Morte, mestura de tradición, festa e reivindicación; e de grande aceptación entre as mulleres da comarca.
Este ano a cita será o vindeiro xoves, día 16 de Febreiro, e comezará cun encontro de comadres ás 21:00 horas na Praza de Castelao, para seguidamente desfrutar dunha foliada, e cea de Entroido no Restaurante “Praia de Quenxe” de Corcubión. O prezo da cea é de 20€.
As comadres que vaian asistir deben inscribirse antes do luns, día 13 de Febreiro, no teléfono 667911953.
Animamos a tódalas mulleres da comarca que queiran comezar o Entroido ó grande a que asistan.
Imprescindible: pano, mandil, e bo humor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario