RESPOSTA AO ALCALDE DE CORCUBIÓN (I)
Nunca me dera de conta do pouco espazo que ocupan as mentiras nun escrito. No escrito do Sr alcalde de Corcubión do 16/12/2011 na Voz de Galicia, resulta que en 814 palabras, contadas por Word, dí polo menos 50 mentiras e algunhas calumnias. Case lle sale unha por renglón. Éste escrito vai resultar un pouco longo porque a explicación da verdade ocupa máis espazo, polo que demando ao lector un pouco de paciencia.
Resulta que meu nome “aparece entre os concelleiros que estiveron nalgunha lexislatura florecente do BNG antes do 2003”. Si señor alcalde, a moita honra, ainda que vostede o dí como si fora un delicto. Pois non é un delicto e estou moi orgulloso de traballar durante 10 anos para este pobo. Altruistamente, é decir sin cobrar un peso. Seguramente non atopará vostede ningunha orde de pago a meu nome, nin siquera do kilometraxe no meu coche. Busque , busque. Husmee. Do que se fixo “nalgunha lexislatura florecente” remítolle unha parte (que vostede xa coñece) do meu discurso das pasadas eleccións municipais :
No Concello máis pequeno e co menor presuposto da provincia, deixámoslle feito : a Casa da Cultura, o Centro Social, a Unidade de Recadación Executiva da Seguridade Social, a Gardería municipal, a Casa do Concello e Servizo de Recadación da Diputación, o Edificio da Aula de Ensaio, o Auditorio da Capela do Pilar, o Carcere Vello restaurado, os Apartamentos Tutelados na antigua Casa do Concello, o Edificio da Capitanía de Portos e equipamentos no seu baixo, a Radio Neria, os edificios para Organismos Oficiais como o Servizo de Extensión Agraria, a antigua Notaría, o Rexistro da Propiedade, o antiguo edificio da Seguridade Social, o das Asociacións ó lado da casa do mar, o Colexio Praia de Quenxe, o Pavillon de Deportes Municipal, o novo Campo de Futbol, unha gran nave na costa do Vilar con baixo e planta para dar cursos de formación ou facer unha escola taller, o Albergue de Peregrinos, o Paseo Marítimo, a traída de auga de Santa Uxía, a Rede de Depuración de augas residuais, a discriminación das augas pluviais nunha parte do pobo, etc. etc. etc.
ESTA FOI A “PRIMEIRA ETAPA FLORECENTE”. NON SEI COMO SERÁ ÉSTA SEGUNDA ETAPA, A PRIMEIRA PARÉCEME MOI POSITIVA.
Claro que vostedes dirán que nada desto estaba feito, xurarán que o fixeron vostedes. Eso repetido mil veces, xa se sabe, acabarán convencendo aos que xa están convencidos, incluso acabaran creendoo vostedes mesmos. O que realmente fixeron vostedes foi petardear estes proxectos poñendo atrancos e denuncias. Que é o que saben facer realmente ben.
A situación financieira que se lle entregou no ano 2.003 foi a seguinte: Unhas facturas pendentes de pago por un valor de 200.000 €, un saldo en bancos de 60.000€ e un cheque pendente de cobro do Prestige por valor de 180.000 €. É decir un superávit de 40.000 €. Con este saldo positivo, cansáronse de pregoar que deixáramos o Concello arruinado e estuveron catro anos mirando si encontraban algo irregular. DEIXEN DE DECIR MENTIRAS.
Os outros tres anos dedicáronse a malgastar os 333,000€ (máis de 55 millóns de pesetas) do “Plan E” poñendo a Wifi de Baixa Intensidade (130.000€). Os famosos xardins da imputación da Orquesta (90.000€) e o resto en barandillas. TODO ESTO SIN CREAR UN SÓ EMPREGO. O da Wifi de Baixa Intensidade é de coña, debería chamarse Wifi de Nula Intensidade. Ademáis dos 130.000€, se levan gastado polo menos outros 60.000€ en mantenimento. NON FUNCIONA. E vostede no seu escrito califica esta rede Wifi como “un servizo básico e universal aos corcubioneses”. Aquí vexo que xa vai vostede un pouco “pasao”.
No ano 2003 o goberno do BNG, deixaba aprobado e rematado o proxecto para poñer en marcha un parque eólico singular en Corcubión. A incompetencia dos señores do Corcubión Vivo (PSOE) en oito anos non foi capaz de darlle continuidade a este proxecto e instalar o muíño de vento, provocando unha perda millonaria para o Concello. AINDA HOXE EN ESTADO DE HIBERNACION.
No seu escrito sobre este tema dí “O parque eólico singular foi conseguido por nós e o cambio foi porque vostedes situabano no termo municipal de Cee”. Vamos a ver, por unha banda dí que o parque eólico o conseguiron vostedes e por outra dí que tuveron que cambiar a situación do parque porque nós o situábamos en Cee. ¿Contradición ou mentira? MENTIRA. Absolutamente todos os trámites do parque eólico estaban feitos. ¡Absolutamente todos¡ Vostedes o único que fixeron foi a licitación, o máis doado. É decir, buscar unha empresa que o xestionara. Deíxe de colgarse medallas que non lle corresponden. Ademáis cambiaron a ubicación, eso sí, pero ainda hoxe non sabemos para onde ¿Para un terreo privado? ¿Xa teñen vostedes claros os lindes Corcubión-Cee no monte do Son? Consulte o inventario de bens do Concello de Corcubión, porque igual se leva unha sorpresa de algún terreo municipal no monte do Son. Polo que non vexo nada claro ese cambio de ubicación e por suposto que en OITO anos e dispois de pagar un pastón 300.000€ (50 millóns de pesetas), esa empresa non diga nin pio. Polo menos que nos saibamos. Raro, raro, raro.
Nese mesmo ano 2003, o goberno do BNG tamén deixaba rematado un Plan Xeral de Ordenación Municipal, tan necesario para nosa vila. Podían facerlle algunhas modificacións, pero non, tiraron con él a papeleira e fixeron outro que foi rechazado na súa totalidade pola Xunta de Galicia, porque aquelo non era un Plan Urbanístico, era un “autentico ladrillazo”, feito a espaldas do pobo. Outros 30.000€ malgastados por un goberno que se caracteriza polo despilfarro do diñeiro público.
¿Quere que lle publique o demoledor informe de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia sobre este auténtico ladrillazo?
Porque non contesta vostede a miña denuncia do despilfarro, por chamarlle dunha forma suave, do gasto de 150.000€ (25 millóns de pesetas) na “histórica” fonte de Quenxe e na rampla do Paseo Marítimo. Moita xente “cree” que 25 kilos son moitos kilos para esas obras e no sector da construcción o exceso de peso en kilos non é unha cuestión de fe.
A transparencia según vostede “aparece” a partir do 2.003. Antes non se pagaba a seguridade social, nin se recoñecian nin se pagaban as débedas. Siga mentindo que lle van a creer. Mire vostede, un Concello como o de Corcubión, con moi poucos recursos, cando pasou por momentos de difilcutade económica, priorizábanse os pagos das nóminas e das pequeñas empresas e solicitábase APRAZAMENTO DE PAGO á Seguridade Social e a Facenda Pública, perfectamente legal, xustificado e co recoñecemento de dita débeda e prazos de pago. Que non é o mesmo que a mentira que dí vostede que non se pagaba a Seguridade Social. Precisamente con esas mentiras, o seu irman Carlos e outro indivíduo tamén impresentable, puxeron unha denuncia no xulgado. Solicitaban 7 de anos de cadea para o alcalde, 5 anos para o secretario e 3 anos para min. Nin siquera se presentaron ao xuizo. As reprimendas que levou o fiscal por parte do xuíz en varias ocasións eran para filmar. Por esa mesma causa se poñerían no cárcere a todos os alcaldes e secretarios do país. Dito polo xuiz. Saimos absoltos e ca cabeza ben erguida. Por casualidades da vida, mentras estes dous individuos nos denunciaban no Xulgado para meternos na cadea, eu Xabier Paz, defendía por todos os medios diante da Dirección Provincial de Traballo o posto de traballo do irman de un deles (pode vostede comprobalo preguntando ós delegados de persoal da OTP de Corcubión) O posto de traballo consolidouse. Ó mesmo tempo, o alcalde Rafael Mouzo, con diñeiro do seu peto, leváballe víveres aos mariñeiros dun barco fondeado na ria de Muros abandoado polo armador. Entre a tripulación estaba o pai do outro indivíduo denunciante. Resumindo, cando chegou vostede ao Concello non se debía NADA nin á Seguridade Social nin á Facenda.
Pero como se pode ser tan miserable para decir que na época na que eu era concelleiro agochábanse as facturas nos caixons e nin constaban. É decir as empresas entregaban as facturas e se poñían nos caixons ¿Non se pagaban? Entón os empresarios eras bobos de todo. ¿E si se pagaban, para que había que agochalas nos caixóns? Xa non sei como calificalo, só sei certo que lle sobra mala baba, resentimento e odio. Rebosa de veneno. Siga cas mentiras. Continúe difamando.
Non sei que quere decir con que o director da operación orquesta foi a Cuba. Sempre pensei que vostedes estaban imputados por supostas contratacións fraudulentas de obras municipais, non coas viaxes a Cuba do director. Por certo, as obras desta empresa durante o seu mandato foron ONCE.
Do servizo eléctrico mellor non falar. Pero sí lle digo que eu NUNCA participei no linchamento de ningún traballador e vostede xa leva uns cuantos e non leva máis porque non pode, que gañas non lle faltan. E as multas chegarán. Claro que vostede non ten porqué preocuparse. Total pagamos nós.
Pero, como se atreve a escribir algo sobre o solar do cine? Deberían estar caladiños dispois do que se levan reido e burlado de esa familia. Contaminando ao pobo con mentiras que raian na indecencia, que a propiedade do solar chegou a esa familia de xeito anómalo, que esa familia adquirira os terreos de forma ilegal, etc. En vostede xa non me sorprende nada con respecto a este solar. Nunha cousa teño que darlle a razón, o que pretende co solar do cine non é unha expropiación, tampouco é o que dí agora “unha modificación puntual da ficha urbanística para retrotraernos ás condicións anteriores ao pleno do 21 de xullo de 1987”. Non me veña vostede con milongas. O que pretende non é nada de eso, senon unha infamia. Unha descomunal infamia. Esa infamia reúne todos os ingredientes delictivos co único fin de causar dano: mala fe, dolo, engano, maquinación, fraude de lei, alteración do precio das cousas mediante trampas ¿legais?. Seguramente esta trama rematará en outro pleito que por suposto perderá vostede e pagará como sempre o pobo.
Eu votei a favor da supresión da cláusula que condicionaba o edificio do cine a “espectáculos públicos”. A votación foi por unanimidade do Pleno da Corporación (Non só do BNG como minten vostedes cansinamente). As solicitudes de supresión desta cláusula foron feitas polos propietarios e pola totalidade das cooperativistas (57 traballadoras, si non lembro mal) que estaban traballando neste local e pendentes de renovación do contrato de arrendamento. Como Presidenta desta Cooperativa textil figuraba súa cuñada, principal promotora-firmante-interesada xunto co co-presidente-asesor-na-sombra (como sempre) e futuro esposo, tamén moi interesado naquela época (seu irman, para máis señas). Quen iba decir que anos máis tarde, iban a ser uns dos que poñían pingando aos do BNG por anular aquela cláusula, tachándoa de cacicada. Polo que pode comprobar, súa familia formou parte activa na supresión da clausula.
O que xa é de traca, é que vostede dí que o que pretenden é retrotraerse “ás condicións anteriores ao pleno do 21 de xullo de 1987 no que o BNG, do que formaba parte, liberou esa parcela da carga que tiña, sen ningún beneficio para Corcubión a cambio”. E o dí precisamente vostede quen, mediante a Resolución da Alcaldía 304/2010, aprobou inicialmente a modificación da ficha de TRES parcelas no Casco Histórico para liberalas da carga que tiñan, sin ningún beneficio para Corcubión e co informe en contra do anterior secretario do Concello. Finalmente esas modificacións non se levaron a cabo polo informe desfavorable da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. ¿Pode decirme que beneficio para o pobo representaba liberar de cargas esas tres parcelas? As parcelas dos amigos todo o que faga a falta, as que non son amigos: persecución. Esa é a su práctica totalitaria.
Como non creo que o estudiara, e ademáis como vexo que a vida ensinoulle bastante pouco, vou a falarlle de forma sinxela da EVOLUCIÓN, é decir, de algunhas transformacións a través do tempo neste pobo: Onde estaba o Mercado Municipal hoxe está o edificio de Correos. Onde estaba o Cemiterio Municipal hoxe están os Xulgados, os Apartamentos Tutelados do Concello, o Local de Portuarios e a Capitanía de Portos. Onde estaba o Campo da Feira (Campo da Viña) hoxe están as oficiñas do Rexistro da Propiedade, a antigua Notaría, as oficiñas de Extensión Agraria, a antigua escola, a radio Neria, a Casa do Mar, o Centro Médico, o Local de Asociacións, etc. Onde estaba a Capela do Pilar hoxe está o Auditorio Municipal (sin uso dende que chegou vostede). Onde estaba o Colexio José Carrera hoxe está a Casa do Concello, o Servizo de Recadación da Diputación e o edificio da Aula de Ensaio. Onde estaba o Campo do Clareo hoxe está a Casa da Cultura, o Centro Social e a Unidade de Recadación Executiva da Seguridade Social. Onde estaba a Escola Unitaria de San Roque hoxe está o Albergue de peregrinos. Todas estas transformacións foron feitas polos gobernos municipais. Con poder e autoridade para facelas. Como pode comprobar os cambios son significativos e xustificados para o progreso do pobo e para o mellor aproveitamento dos espazos e edificios públicos, algún deles sin posibilidade ningunha de funcionar no fin para o que foran feitos, outros deixaron de ter utilidade ou quedaran obsoletos, anticuados, pouco usados ou inadecuados ás circunstancias actuais. Eran necesarios eses cambios e fixéronse. Posiblemente a vostedes lles gusten máis os que se fixeron na etapa franquista, pero eso xa é cuestión de gustos.
O que me faltaba por oir, o seu análise político das pasadas eleccións, poñéndolle a culpa dos resultados electorais a miña baixa credibilidade, dende logo como as análises dos becerros que fai vostede salgan así calquera dia sufriremos un envenenamento masivo. Parece que vostede medrou unha barbaridade e continúa en minoría, pero claro eso non é culpa súa sinon dos que o acompañan. Siga analizando becerros e porcos e deíxese de macanas e de análises políticos. Disfruten vostedes da política. CONTINUARÁ…
Xabier Paz Regueira. Corcubión 22 de Decembro 2.011