visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

sábado 4 de julio de 2009

O CONCELLO QUERE CONSTRUIR UN NOVO CEMITERIO NO VILAR

En declaracións feitas onte venres ao xornal "Diario de Bergantiños", o rexidor corcubiones mostraba a sua intención de que se construa un novo cementerio preto do lugar de Vilar. Un proxecto que dende este blog creemos que é algo moi necesario, xa que según o mesmo alcalde dixo, hai máis de 60 persoas que están a esperar por un nicho.
Comentaba tamén que as negociacións para a adquisición do terreo de uns 12.000 metros cadrados xa se iniciaran, e que farían falta uns 30.000 euros para a realización da obra. Tamén añadiu que o diseño de cemiterio gustarialle que fose como o de Dumbria.

Por outra banda Chisco comentou que non tiña ningún pacto segredo co BNG e que él mesmo se mostrou sorprendido pola abstención dos nacionalistas, o que fixo posible a aprobación dos presupostos. Tamen acusou a lider do PP de non collerlle o telefono 2 das tres veces que lle chamou para consensuar os presupostos.

3 que opinaron por aqui:

Anónimo dijo...

O Campo Santo actual está saturado e ademais penso que xa queda demasiado céntrico e na zona máis turística de Corcubión, polo que me parece axeitado ir pensando no seu traslado.

Anónimo dijo...

Esperemos que tenga un "Cagadero" como le gustaba Chisco en el cementerio vello.

Anónimo dijo...

¿Quén falou de traslado?, menuda aberración.Trátase de facer outro novo, non de mover o cemiterio de sitio porque agora queda moi céntrico, tamén cabe outra solución, movelas casas , chantalas no Vilar e ampliar o cemiterio que xa temos, jajaja.

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?