visitas dende o 26 de fevreiro do 2007

sábado 4 de julio de 2009

CORCUBIÓN CONTA XA CO PROXECTO PILOTO DE COMPOSTAXE CASEIRA

Quepasanacosta.com

O pasado 25 de xuño o Concello de Corcubión presentou o proxecto de compostaxe doméstica para o que foi seleccionado polo Ministerio de Ambiente y Medio Rural y Marino, xunto con outros 10 Concellos distribuidos por toda a xeografía española.

Trátase dun proxecto ideado por un veciño corcubionés, Alfredo González, o Presidente da Asociación Universidade Popular de Corcubión, quen propuxo ao concello corcubionés a solicitación para participar no proxecto. O concello respondeu, e tras un ano e pico de negociacións, o proxecto vai cara adiante.

Autoxestión
Este proxecto, consiste nunha experiencia piloto que pretende concienciar e desenvolver a capacidade da poboación para autoxestionar os residuos orgánicos xerados no fogar e nos xardins. A actividade inclúe ao tempo numerosas vantaxes que supon a implantación da técnica do compostaxe para a obtención dun abono natural (compost) e a redución do volumen de refugallos e do custo derivado da súa xestión para o Concello.

Participación
Participarán un total de 38 familias as que se unirá o Colexio Público de Corcubión. Todos os participantes recibirán de forma gratuita un compostador, un balde para a cociña, un aireador e diverso material informativo sobre a sua correcta utilización. Para uso comunitario, distribuiranse ademáis unha serie de biotrituradores.

Durante o desenvolvemento do proxecto, os participantes contarán coa asistencia dun técnico especializado que realizará un seguimento a través de visitas ás casas e ó Colexio, onde tomará mostras para analizar as cualidades físico-químicas que determinen o estado e grao de maduración do compost.

O proxecto na súa totalidade terá unha duración aproximada de entre 10 e 11 meses.

9 que opinaron por aqui:

Anónimo dijo...

Unha proposta con algo de xeito, ¡non sen tempo!, noraboa ós creadores e propulsores de tal iniciativa

Anónimo dijo...

foi unha iniciativa do bng, da concellería de medio ambiente que levaba oscar insua, ese que tanto criticades por estes foros

Anónimo dijo...

pois ahi pon que é de Alfredo gonzalez(fillo).o que chama a atención é unha cousa, porque sae ahora a luz o precursor do proxecto?hai acercamentos chisco-alfredo??nunhas semanas saberemos algo novo, de seguro que si...

Anónimo dijo...

hai xente que non ten de que falar, ou neste caso, escribir, e pon esas tonterías

Anónimo dijo...

para que despois faledes mal de Chisco e da corporación.hoxe en radio nordes saliu o fillo de alfredo explicando a do compostaxe, si falou el é porque chisco quio premialo polo traballo que fixo,pensades que o voso oscar faria o mismo,jajajajaja,riome,riome,riome

xa xa dijo...

que pasa,è que a radio a controla chisco ou è da sua propiedada esta persoa que comenta na menxase anterior que me perdoe,pero è moi cortiña-o.

Anónimo dijo...

pois parece que ainda hai anacletos verbais polo pobo que o único que saben é loubar o Sr. Alcalde faga quen faga os traballos pertinentes.éche así...

Anónimo dijo...

Y a los que nunca les parece bien nada de lo que hace la corporación que son los listos? si los listos para cobrar y vivir de Juan pueblo!!!

Anónimo dijo...

estades a entrar nunha guerra infruc´tifera.todas estamos de acordo en que esto é bo para o pobo,nonÇ?xurdise de quen xurdise, que segundo a noticia non é de ningun partido en concreto. asi que non tiredes os trastos uns aos outros e recuperade a cordura.so faltan os votantes do pp defendedo que foi gemma a que impulsou esto.

¿BUSCAS ALGUNHA NOVA NO BLOG?